Ludoteca

21 NOV-5 MAR
Sábados 
De balde

América do SurO sábado será o día de xogar e aprender no Gaiás. Os máis pequenos atoparán no Museo Centro Gaiás unha divertida ludoteca dinamizada por unha monitora na que poder gozar das artes dunha forma lúdica mentres os maiores visitan a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan.

A ludoteca artéllase en tres recunchos temáticos para que os nenos poidan dar renda solta a súa imaxinación:

Recuncho dos sentidos 
Con xogos para agudizar a vista, o tacto, o olfato, o gusto ou o oído.

Recuncho da lectura 
Coa presenza dunha biblioteca con publicacións infantís, libros de viaxes e de aventura.

Recuncho dos xogos 
Dotado de actividades lúdicas que reporten algún tipo de aprendizaxe.