Obradoiros Fotográficos

22 NOV-6 MAR
Domingos
De balde previa inscrición

 

Reserva Online

 

A Cidade da Cultura convida aos máis pequenos a coñecer por dentro o estudo dun fotógrafo e converter as imaxes de José Suárez en fonte de inspiración artística. Todos os domingos, pais e nenos poderán achegarse á figura e á obra do fotógrafo de Allariz convertendo as súas imaxes en creacións propias a través de diversas técnicas como a pintura, a literatura, o teatro ou varias técnicas fotográficas.

22 Nov 2015 | Collage. Debuxo e fotografía combinaranse neste primeiro obradoiro no que as imaxes de José Suárez servirán para decorar as Torres Hejduk.

29 Nov 2015 | A fotografía ten historia. Das primeiras cámaras escuras aos selfies. Percorre connosco esta viaxe pola evolución das cámaras fotográficas.

06 Dec 2015 | Crebacabezas fotográfico. Partindo da serie fotográfica ‘Mariñeiros’, compón diferentes crebacabezas ata completar a gran obra de José Suárez.

13 Dec 2015 | Fotonovela: recreando a malla. Descubre connosco como era o proceso artesanal da malla e constrúe unha pequena fotonovela dixital.

20 Dec 2015 | Viaxando á... Patagonia. Inspirándonos nas imaxes tomadas en Arxentina por José Suárez coñeceremos as súas árbores e daremos forma a unha colectiva.

27 Dec 2015 | Misterio xeográfico para detectives da Cidade. Segue as pistas en forma de fotografía, xeografía e literatura e descubre A Mancha, a Alberca, Ibiza ou Mojácar.

03 Xan 2016 | A fotografía é emoción. Reinterpreta imaxes de grandes fotógrafos, descubre a intención que hai detrás e elabora a túa propia ruleta das emocións.

10 Xan 2016 | Viaxando a... América do Sur. Viaxa ata Tierra de Fuego e recrea as imaxes tomadas por José Suárez cos teus propios protagonistas.

17 Xan 2016 | Historias que conta o mar. Deixa voar a túa imaxinación e crea historias protagonizadas por barcos de vela, mariñeiros, mariscadores ou o propio mar.

24 Xan 2016 | Postais invernais. Fabrica a túa propia neve, crea os teus personaxes invernais e dálle vida a divertidas estampas inspiradas nas imaxes de José Suárez.

31 Xan 2016 | Somos oleiros. Coñece de primeira man o oficio de oleiro, descubre todos os obxectos que usas no teu día a día e crea as túas propias pezas.

07 Feb 2016 | Obradoiro de Entroido. Elixe un oficio, fabrica os instrumentos de traballo que o caracterizan e convértete por unhas horas noutra persoa.

14 Feb 2016 | Posando, posando: e ti como te ves? Traballa a arte do retrato e descubre que se agocha detrás da apariencia que proxectamos.

21 Feb 2016 | Viaxando ao... Xapón. Achégate á cultura ancestral xaponesa e lévaa para casa en forma de máscaras de teatro Noh ou abanos de papel pintado.

28 Feb 2016 | Imos de romaría. Temos que organizar unha auténtica romaría na que non falta unha pulpeira, os romeiros e fogueteiros, os músicos e a mellor decoración da aldea.

06 Mar 2016 | Viaxando a... Castela. Do collage á recreación artística. Coñece esta rexión tan importante para José Suárez a través de diferentes técnicas de creación.

 

Reserva Online