Catálogo da exposición

José Suárez. Uns ollos vivos que pensan conta cun coidado catálogo en edición trilingüe (galego, castelán, inglés) realizado por Numax.

A través de 383 páxinas, o espectador poderá admirar a beleza e a técnica que aúnan as imaxes tomadas por José Suárez ao longo da súa vida, ademais de coñecer máis a súa figura e a súa obra a través dos ensaios realizados por Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón, comisarios da mostra; Juan Manuel Bonet, director do Instituto Cervantes de París; e Alberto Martín, profesor da Universidad Complutense de Madrid e crítico de arte do diario El País.